Divulgación

Non hai divulgación sen investigación, e non hai investigación sen implicación persoal.

Palestras, roteiros guiados, saídas de campo para estudantes,  cursos abertos, xornadas, publicacións ou calquer outra forma de divulgación descansa sobre un traballo previo de investigación e o interese persoal.

Na foto, durante un roteiro pelas minas galaico-romanas do río Tea, en Ponteareas

Investigación

As diversas técnicas de investigación instrumental son de enorme axuda, por veces imprescindíbel, para a resolución dos estudos patrimoniais e medioambientas. Porén, non todas as técnicas son instrumentais. Os traballos de campo e documentais seguen a ser fundamentais en calquer traballo xeolóxico, e tambén aquí o método e a precisión marcan a diferenza.

 

Con escala, imaxe de microscopía electrónica dunha pedra de silicato de ferro achada nun galeón dos afundidos na batalla de Rande en 1702, probabelmente escoura dunha fundición americana de cobre, facendo parte do lastre.

Os medios para a divulgación

Andainas, palestras, publicacións e a musealizacion e patrimonialización de espazos ou obxectos non son apenas ferramentas para a exposición e presentación de contidos. En cuestións xeopatrimonias e medioambientais, os resultados de unha acción efectiva deben provocar mudanzas na percepción da paisaxe e do medio, son por tanto intervencións no entanto transforman a nosa relación coa natureza e o patrimonio.

Andainas guiadas

Comprende e sinte a historia da terra e da naturaleza que nos rodea.

Cada andaina é unha oportunidade para afondar no coñecemento do noso xeopatrimonio e participar na preservación del.

 

(Na imaxe, andaina polo Argallo)

Palestras

Palestras, presentacións e aulas permiten guiados virtuais e veloces através dos espazos e investigacións xeolóxicas e patrimoniais 

 

(Na foto, presentación da 'Invención da Gallaecia e a minaria do ouro' no Ateneo de Ourenseo)

Publicacións

Guias, monografías, artigos, ou folletos, mesmo memorias e informes técnicos, responden á mesma necesidade de facer intelixíbeis e comunicar o coñecemento xeolóxico, tanto a especialistas como a non especialistas. 

 

(Na imaxe, capa da guía de '29 Xeolugares arredor da ría de Vigo'.)

Musealización e patrimonialización

A musealización de espazos ou obxectos non e apenas un substituto do guiado humano.

A musealización  ten como fin as persoas poidan descubrir e interpretar por si mesmas, mudando de feito o carácter do espazo polo que se moven. 

 

(Na foto, cartaz na mina das Bornas, no monte veciñal de San Miguel Tabagón, O Rosal)

As técnicas de investigación

A seguir, exemplos das técnicas máis comúns aplicadas nos traballos de investigación xeopatrimonial e medioambiental realizados.

Tomografía de resistividade

A tomografía de resistividade é ferramenta de exploración xeofísica moi versátil con aplicacións en arqueoloxía, medio ambiente, enxeñería do terreno, etc.

 

(Na imaxe, estudo de acuíferos en Mondariz)

Cartografía

O uso das ferramentas XIS xunto co traballo de campo son as técnicas que permiten a exploración e expresión xeográfica do coñecemento xeolóxico. 

 

(Na imaxe, cartografía dos depósitos fluviais e minas antigas no treito inferior do río Miño)

Prospección e toma de mostras

A prospección de campo, coa comprensión dos elementos de interese na paisaxe, correlación de camadas, identificación rochas e afloramentos, e recollida de materiais ou restos para seu análise e estudo é fundamental nos estudosxeolóxicos de caracter xeopatrimonial ou medioambeintal.

 

(Na foto, niveliños de estaurolite e andalucite nunha 'meda' da gran mina do Medo en Maceda, restos do bateo do ouro hai dous milenios.)

Identificación de materiais xeolóxicos

Datacións e as diversas análises de laboratorio son realizadas en laboratorios externos conforme ás necesidades de cada estudo e investigación.

(Na imaxe, identificación de fases cristalinas mediante DRX en escouras e ferruxes escostradas nas rochas do Argallo tralos incendios de 2017)