29 Xeolugares arredor da ría de Vigo
Esta guía recolle 29 xeolugares arredor da ría de Vigo dignos de seren visitados e coñecidos . Cada un deses 29 xeolugares amosa da mellor maneira un aspecto da historia xeolóxica do país, dende os restos do desaparecido océano Reico até o actual Antropoceno, desvelando algunhas claves habitualmente desapercebidas sobre las causas do actual desenvolvemento e territorialización. Cun formato pensado para levar o campo (128*240 mm), a guía ten 210 páxinas e 330 figuras e fotografías. Editado en 2024.
A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galiza.
Tras unha primeira edición en 2018 e unha segunda edición revisada e estendida en 2023, este libro recolle e sinteiza as investigacgóns xeoarqueolóxicas sobre a minaría galaico-romana e a súa relación coa fundación e romanización da provincia galaica, a primeira en secesionarse do Imperio de Occidente para formar o primeiro reino latino da historia, e curiosamente tamén, a única provincia romana que manten hoxe aquela identidade histórica -e mesmo político-administrativa- fundada hai vinte séculos, xunto co próprio Imperio Romano.
Este libro de 234 páxinas está editado nun inusual formato cadrado de 250 * 250 mm para ler do xeito mais cómodo tirando proveito das 231 imaxes e fotografías que acompañan e ilustran as descripcións dos xacementos e traballos mineiros, das áreas mineiras da Gallaecia entre o Douro e o Esla, e dos contextos e consecuencias históricos daquel gran ciclo mineiro, que son os tres grandes capítulos que dividen a obra.